Ecolex amplía a súa colaboración coa Fundación Ambilamp a través do seu contrato con Indumetal Recycling. Ambilamp é unha organización sen ánimo de lucro que agrupa aos fabricantes de tubos fluorescentes e outros sistemas de iluminación para reciclar os produtos que comercializan despois do final da súa vida útil. Ademais da loxística de retirada da canle industrial pola que se recollen as lámpadas de instaladores, almacéns e grandes consumidores, Ecolex vai levar a cabo retiradas de pequeno formato. A través dunha rede capilar con máis de 700 puntos en Galicia, Ecolex prevé recoller uns 30.000 kg/anuais de tubos, lámpadas de baixo consumo e LEDs fóra de uso, axudando a recuperar materiais e previr que contaminantes como o mercurio sexan liberados no medio. A recollida dos residuos destes centros dos contedores accesibles ao cidadán (pequenos comercios, grandes áreas, puntos limpos municipais …) é realizada por persoal especializado e en vehículos dedicados ao transporte de residuos.
Recollida capilar para Ambilamp
26 Xan, 2026
Categorías
Etiquetas
En Ecolex ofrecemos servizos especializados na xestión, transporte, tratamento e almacenamento de residuos industriais.

